Acuática, constrúo parcelas de océano
con xardíns estrelados a xogo
para xogar cómodos,
ao tempo que aguanto o alento e subo na marea.
Como estrelas de mar ao ceo
agatuño por escada a universos de pantalla líquida
e teño unha vida de cine.
Un guión perfecto.
Con redes de pensamentos para tecer andamios e erguer o mundo.
Subir, subir e quererse estoupando tanques de hidróxeno,
órbitas astronautas con lúas de mel e xeo de auga en Marte,
flotar na parcela da vida extraterreal, soñar e contarcho.
Sons de teclas a dictar conversas
cancións nas que me levas á lúa pensando en Xúpiter,
en (a)marte.




Recent Comments